Pedro Burgo rally San Froilán
O piloto lucense Pedro Burgo é o primeiro líder do Rallye de San Froilán logo de marcar o mellor tempo no tramo espectáculo de 2,7 quilómetros que tivo lugar nas Gándaras.
Burgo acabou o tramo cun tempo de 2.17.025 minutos nunha xornada marcada pola forte tromba de auga que caeu cando algúns dos pilotos estaban en pleno percorrido e que condicionou tamén ao resto de participantes. A segunda posición no tramo foi para Fernando Rico, que cubriu o percorrido nun tempo de 2.18.421 minutos, un segundo peor que o realizado polo piloto lucense.
A terceira praza é para Iván Ares, o piloto que ten que defender o liderado na clasificación xeral do Galego e que onte xa intentou situarse desde o inicio entre os mellores e evitar calquera tipo de problema nuns tramos que poden resultar traizoeiros. Iván Ares cubriu o percorrido nun tempo de 2.21.837 minutos, uns centésimas só mellor que o lucense Sergio Vallejo, que tivo que conformarse coa cuarta posición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario